top of page

TDC (“The Delightful Companion”)

 

“TDC” (“The Delightful Companion”) desenvólvese no territorio acoutado nun triángulo cuxos vértices poderían ser a improvisación libre, a improvisación idiomática ou/e a música contemporánea. Inda ás veces, a área deste polígono non é abondo para explicar a súa música.

“The Delightful Pocket Companion” foi unha colección de diversos aires procedentes de diferentes estilos publicada no século XVIII. Como os músicos daquel século, enfrontados a un contexto de profundo cambio a tódolos niveis, onde as perspectivas estéticas son amplas e en constante muda. Así se entende TDC.

E sen renunciar á batalla directa coa didáctica e a participación do público.

Javier María López Rodríguez: frautas.

Vadzim Yukhnevich: acordeón.

Pablo Pérez Sanmamed: contrabaixo.

bottom of page