top of page

Pablo Pérez Sanmamed

Contrabaixista e compositor de fonda formación e ampla traxectoria profesional. A súa dilatada produción compositiva abrangue música para teatro, cinema, danza, publicidade e audiovisual en xeral. Solicitado músico de sesión, compoñente de moitas e variadas formacións como “Crebinsky”, “Tres Azoteas” ou “Triatone”, conta con varios álbums no seu haber como A priori, Paraphernalia ou Airam, Airun. Ten participado en multitude de gravacións e en máis de cincuenta discos, así como en numerosos festivais, dende o “WOMAD” de Tenerife ata o “Festival Internacional de Jazz de Getxo,” pasando por “Jazzladia Donostia-San Sebastián”, “SONAR”, ou “Intercéltico de Glasgow” entre outros. Foi nomeado ou finalista en diversos premios e convocatorias como “Premios Mestre Mateo” ou “Premio da Música Independente”.

Asemade, obtivo varios galardóns como premios á mellor música orixinal pola B.S.O. de “Crebynsky” tanto no” 16º Festival du Film Espagnol” en Toulouse (Francia), como no “Festival Internacional de Cine de Oaxaca” (México), ou o premio ó mellor grupo europeo de voz feminina polo disco Segredo a voces de “Anubía” no “Festival Internacional de Asti” (Italia), “Cante Bergera, cantare al femminile”. No ano 2013 acadou o “1º premio de Músicas do Mundo” outorgado por “Músicos ao Vivo”

 

 

  • Facebook App Icon
  • Twitter App Icon
  • Google+ App Icon
bottom of page